ENNISTYMON 23/09 – Pool/Snooker e Table Tennis

Bos dias dende o condado de Clare!

Aquí volvemos a estar para poñervos ó día do que está acontecendo por estes lares.

O venres foi unha xornada diferente ó resto. É  o único día da semana no que os rapaces poden sair antes das clases e nunha das escolas, ata poden desfrutar da oportunidade de levar súa propia roupa e liberarse do uniforme.

Así que con iso de sair cedo da escola, poidemos aproveitar un anaco de tempo para visitar o pobo. Ennistymon é pequeno. Ten únicamente unha ou dúas rúas principais. Pero non queriamos desaproveitar o tempo por pequeno que fora. Primeiro, paramos para tomar o lunch, e a continuación tomamos uns dez minutos para comprar nun supermercado local. Seguidamente, dirixímonos á beira do río para tomar fotos das cascadas de Ennistymon. Unha  pena que a presa estea en obras. De todas maneiras, iso non foi impedimento para facer foto grupal e “selfies” varias.

frente-as-cascadas

Seguindo a beira do río, demos un paseo ata que xa se achegaba a hora das actividades. Tivemos a sorte de ver na nosa ruta, a unha familia de burros (supoñemos que o eran aínda que eles non quixeron confirmalo) que pacían tranquilamente na súa finca. Algúns démoslles de comer, e outros só se adicaron a chamalos e a facerlles fotos. Se é que con pouco, somos felices!!!.

dandolle-de-comer-os-burros

Cando finalizou o paseo, dirixímonos a un centro social local onde nos prepararon unha serie de xogos para o noso desfrute: billar, videoconsolas e pin-pon. Todos participaron e competiron entre eles. E supoñemos que houbo piques e ambición por gañar. Pero o importante, é que seguimos sendo amigos despois de todo!!! Deixámosvos unhas fotografías para atestiguar o momento.

tabletennis partida-de-consola partidin%cc%83a-de-billar pero-a-ver-vale-ou-non-vale-ese-tiro_

Mentres tanto, despedímonos ata novos posts!

Unha aperta do Ennistymon team!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *