ENNISTYMON 24/09 – Sábado en Lahinch facendo Scuba Diving

Bos días queridas familias viguesas!

Onte foi día de excursión. Tocounos ir a Lahinch, unha vila costeira próxima a Ennistymon. Unha localidade que multiplica a súa poboación durante os períodos estivais debido en parte á condición de súas praias para facer surf.

Alí puidemos coñecer á alcaldesa de Ennis e facernos un par de fotos con ela, entregándolle ademáis os regalos que lle levabamos en representación da alcaldía de Vigo.

foto-coa-alcaldesa

Posteriormente, a actividade que estaba prevista para desfrutar do sábado, non era outra que practicar “Scuba Diving”. E igual vos estades a preguntar que é iso. Pois non é máis que submarinismo. Os rapaces acudiron a unha piscina (na que podían dar pé perfectamente) onde divididos en dous grupos, puideron aprender as nocións básicas desta actividade acuática. Sempre baixo a supervisión de catro monitores que estiveron pendentes deles durante toda a sesión.

En canto saíron de bucear, acudimos a unha das tendas máis famosas da zona (Kenny’s) para comprar souvenirs e regalos para as familias. E de paso, sacamos fotos no paseo marítimo e  no “trono” de ferro con forma de corazón. Calquera cousiña nos vale para entreternos!

bandeira-o-canto

con-ola-no-paseo-maritimo-de-lahinch

Ao que todos tiveron acabado a clase, o persoal da Dive Academy (que ademais son a host family de Pablo), tiñan preparados para nós unha serie de videos destinados a comprender mellor e consolidar os coñecementos adquiridos pola mañá. Logo diso, entregáronnos os nosos diplomas de iniciación no buceo e invitáronnos a un pequeno piscolabis. Como nos sobrou unha media hora, ofrecéronnos a posibilidade de facer unha “disco” improvisada, apagando as luces e poñendo a música a tope. E que ben o pasamos! O certo é que se desviviron por nós e intentaron facernos o día moi agradable.

entrega-de-diplomas

entrega-de-diplomas2

E xa entrada a tarde, as familias recolléronnos para levarnos á casa. Hoxe é domingo, e os rapaces teñen o día para estar con eles e para descansar da voráxine semanal!

Ata mañá, entón!

Un saúdo de Antonio, Paloma e Eva.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *