Eastbourne – UP – Presentación do monitor

Boas rapazas, rapaces e familia!

Son Marcos!

Querida xeración do 2009 esta vai a ser a miña quinta experiencia ao coidado das netas e dos netos de PILI e do padriño Abel (non hai nada como ter un padriño que manexe cash!).

A primeira vez que viaxei para este programa foi no 2018 e aquí sego. Xa sei o qué pensarán os estudantes?, buah que señor maior nos vai a tocar; e, en qué pensarán as nais e pais ? Ou ten un carro de paciencia ou está moi mal da cachola para aturar a tantos adolescnetes á vez.

Salvagardando pola diferencia de idade, as gafas, o bastón e algún detalle máis, un pouco Carl Fredricksen sí pode ser que sexa. Pero a pregunta do millón de globos é qué personalidade sacará o grupo a Marcos? O vello gruñón? Ou a persoa afable? O que sí ou sí son e serei o monitor metódico que lle gusta seguir unhas pautas, que se cumpran cás normas especialmente de bo comportamento.

To let you know in advance children… para aproveitar mellor a experiencia aproveitade para falar inglés o máximo que poidades cás novas amizades, familia de acollida, etc, inclusive conmigo.

O habitual é colgar unha foto do monitor para recoñecerlo no aeroporto, pero como os libros vou deixar que creades unha imaxe miña a partir desta presentación. Deixovós unha creación miña dun bautizo para que vos creades ou non a personaxe jajaja.

Para recoñecerme no aeroporto en vez de levar gravata de moño e como supoño que sabredes levarei a blue hoodie.

P.D. Podedes preguntarme calquer cousa, iso sí, como sei que o de conversar conmigo en inglés non vos vai a motivar… don’t be surprised that I answer you in English or even worst I could be deaf until you start speaking in English also.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *