Eastbourne (St. Catherine’s) – Días 1 e 2

Bo día a todos/as,

Preséntome, son a monitora Paula e xunto con Pepe, imos irvos contando o día a día dos/as rapaces/as que están en St. Catherine’s College.

Día 1:

O venres comezamos a nosa aventura no aeroporto de Vigo, con escala en Barcelona, para chegar finalmente ó aeroporto de London Gatwick. Alí, estábanos agardando as nosas coordinadoras locais para coller o bus con destino a Eastbourne (que grazas ó ser noite e haber pouco tráfico, tardou menos dunha hora). En Eastbourne cada rapaz/a foi aloxada pola familia anfitrioa correspondente e a descansar logo dun longo día de viaxe.

Día 2:

O sábado tocou excursión a Brighton, unha vila próxima á nosa, desprazándonos no tren ata alí todos os grupos de Eastbourne xuntos. A nós asignáronnos a Rayyan, o noso guía local, comezando o noso tour dende a praia🏖️.

A próxima parada no camiño foi o famoso porto ó estilo victoriano 🎡 , o Brighton Palace Pier, onde a rapazada puido xogar nos salóns recreativos e atraccións.

Logo, fixemos un descanso para xantar no parque ó lado do Royal Pavilion 🕌. E retomamos o paseo ata chegar ós Lanes. Vimos o centro e tiveron tempo libre no centro comercial.

Ó voltar a Eastbourne, cada rapaz/a ceou con cadansúa familia.

Sección diaria del humor de Pepe 🃏

¿Por qué Eastbourne se llama Eastbourne? Porque aquí nació Jason Bourne. (Badaboum tssss.)

avatar

Paula Rodriguez Rey

Un pensamiento en “Eastbourne (St. Catherine’s) – Días 1 e 2

  1. Ola, grazas pola info, Paula! Aquí as nais e pais a morder as unllas por saber das aventuras da rapazada…Brighton parece un lugar ben chulo, o Pier é fermoso. A ver se vos atopades con Bourne por calquera rúa e se presta para unha foto 😉

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *