Olaaaa familias 🙂 somos Laura e Lucía de novo polo blog para contarvos como van as cousas polo cole!
Recuperámonos da fin de semana e polo tanto volta aos horarios de clase… Aínda que o martes tivemos algunha que outra sorpresa durante á hora de comer xa que, Xabela, Nico e Martiño deron un pequeno concerto diante dos seus compañeiros, profesores e algún que outro alumno do cole

Martiño, Nico e Martín antes do concerto

concerto na chapell
Pola tarde redactaron con moito cariño un par de cousas que con suerte chegan a vigo sanas e salvas nun sobrecito dedicado… Letter writing non sonaba moi apetecible pero cando sexan maiores e podan ler o que escribiron estando no pili será un recordo bonito 🙂


Martiño pensante

Carlos pensante

sorpresa
Para acabar o día na cena anunciaron que para esta fin de semana habería un pequeno concurso de decoración de calabazas por halloween con premios para os e as gañadores e os segundo posto…xa vos iremos pasando as fotos…
Hoxe foi un día completito tamén, un día máis a clase e de uniforme que xa estamos afeitos e tan contentos.


Tiveron clase pola mañá pero tamén tiveron sorte e saltaron as últimas horas xa que o equipo de rugby do cole xogaba hoxe e alí estábamos todos de afición!


Por último tocaba visita ao súper para reponer a mercancía personal, que o de cenar ás 17:30 se nos complica e logo temos fame e non pode ser.

Saldrán no próximo vídeo de MrBeast

MrBeast employees pt2
Ate aquí o blog de hoxe ☺️ esperamos que estedes todos ben por casa, que sabemos das noticias do temporal… Bicos e abrazos para todos e pasarémonos por aquí o para seguir contando as nosas aventuras 🥰