Comezo da semana en Exeter!

EXETER

Despois dun domingo libre no que algúns/nhas disfrutaron de diversas actividades coas súas host families e outr@s quedaron para ir de paseo e de compras polo centro de Exeter… é luns e toca voltar ao instituto. Temos moitas tarefas por diante e moito que aprender. Acompañados pol@s buddies  ou facendo os proxectos que teremos que presentar ante o resto do alumnado disfrutamos dunha mañá completa.

Clases

En canto tocou o timbre recollemos todas as nosas pertenzas e rumbo ó centro no noso autobús A xuntámonos na Central Station para atoparnos coa monitora local Alice que nos conduciu a coñecer un local fantástico no que iríamos probar unha das delicias máis típicas de Inglaterra, o fish and chips.

Fish and Chips_opt

Tras recoñecer este famoso local de comidas, George Meeting House, contáronnos que  este edificio anteriormente era unha igrexa, completamente adaptado para poder disfrutar dunha bebida e o ambiente navideño.

Georges Meeting House_opt

Así fixemos a nosa primeira cea xuntos tipicamente inglesa. E coa panza chea retornamos ós nosos fogares. Mañá hai máis escola!

Comiendo Fish and Chips1_opt (1)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *