Colchester (día 12): día de clases, calor e graduacións

Ola de novo, por aquí andamos.

O comezo de semana coincide cun día de calor abafante, agora xa podemos facernos un chisco a idea do que tivestes por aí abaixo…

Ao chegarmos esta mañá á universidade comezamos a ver xente demasiado emperiquitada, e a cousa era que había todo un «ambientazo» por mor das cerimonias de graduacións universitarias. É dicir, moito barrete, moita capa e moita animación.

Os vosos rapaces, pola contra, tiveron clase. Hoxe foi un pouco lea porque chegou novo alumnado, así que recolocáronos en novos grupos e, a verdade, a cousa saíu daquela maneira.

A rapazada, nunha das prazas, xusto antes da primeira clase do día

Para darlle un pouco de «vidiña» a esta entrada do día, Anxo e Sabela tiveron a ben compartir connosco como é un dos seus días despois das clases coa súa host family: primeiro, foron pasear antes da cea para celebrar a chegada «dun novo membro» da familia para, logo, mostrarnos o proceso de elaboración da nosa receita estrela… unha tortilla española (que ademais lles quedou ben bonitiña) 🙂

 

 

Velaquí o resultado final, seguro que ule que arrecende!

Vémonos mañá na seguinte entrada do blog. Abur!

avatar

Joaquín García Domínguez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *