Colchester (día 1): viaxe a Cambridge

Ola de novo, familias!

Hoxe cambiamos a primeira clase en inglés por unha viaxe que nos organizou o college: nada máis chegar á universidade, a mesmiña onde estudou o noso alcalde (en serio), comunicáronos que iamos coller un bus con destino a Cambridge. Iso é chegar e encher!

Así que non podemos dicir que fose precisamente o típico día de clase: déronos un pack-lunch con comida moi British, dividíronos en dous buses e aí que tiramos destino a Cambridge, un lugar que é coñecido pola súa prestixiosa universidade.

Unha das cousas máis características que vimos ao chegar son as punts, unhas embarcacións semellantes ás góndolas.

O primeiro que visitamos foi o King’s college, fixemos un visita guiada, descansamos tranquilos nun parque mentres xantabamos e proseguimos o percorrido polo centro da urbe, na que logo deixamos algo de tempo libre para mercar algúns recordos.

Neste día escoitamos moitas frases como: «isto parécese moito a Harry Potter», «de Cambridge gústame todo» ou «como hai que facer para estudar aquí?».

Malia que algunha dicía despois que estaba moi cansa, compensou porque pasárono xenial. Por último, aquí vos deixamos a clásica foto coas cabinas que non podía faltar.

Mañá máis! Que xa vai tocando clase.

 

avatar

Joaquín García Domínguez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *