BROADSTAIRS 25/09. Xa en Broadstairs.

Benvidos a todos e todas.

_dsc01461

Despois dun día con retrasos tanto en Vigo, como en Madrid e na capital británica; Por fin chegamos, ao que será a nosa casa nas seguintes 3 semanas, BROADSTAIRS! Aínda que non tivemos tempo aínda para poder visitala.

Hoxe pola mañá, tivémonos que erguer ben cedo para vir ó BEC (Broadstairs English Center), onde nos explicaron como facer da nosa estancia aquí, unha experincia inolvidable. Aproveitamos para decirvos que este lugar é onde levaremos a cabo moitas actividades culturais ao longo da nosa estancia. Pero de eso xa falaremos no futuro.

A media mañá, collimos un tren con destino a Ramsgate, cidade onde está o noso instituto inglés, Chatam and Clarendon Grammar School. É un instituto moi grande, con diferentes edificios. Ten un taller de tecnoloxía, unha biblioteca que parece sacada dun libro de J.K. Rowling, uns talleres de arte admirables e ata ten cociña para os alumnos. Amosámosvos unha foto grupal onde se ve de fondo un dos edificios do instituto.

Nuestro instituto por 3 semanas

O noso instituto nas vindeiras semanas

Aquí coñecimos os nosos “buddy”, que son estudantes da nosa idade que nos farán de guía no instituto e iremos a clases con eles. De feito, hoxe xa tivemos clases de química, bioloxía e español (esta última, dásenos moi ben).

Hoxe pola noite imos xogar ó Quiz, onde nos farán preguntas de cultura xeral e onde os gañadores terán un premio. Esperamos estar á altura.

Contactaremos pronto.

Apertas para todos.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *