Bos días!
Aquí estamos un día máis para contarvos todas as novidades da nosa estancia no estranxeiro. Os rapaces están empezando a estas alturas a adaptarse ó día a día do programa. Pola mañá, son as súas familias as que os achegan na escola. Ás catro menos cuarto saen das clases e dirixímonos camiñando ó lugar onde se realizan as actividades. Ó finalizar, as súas familias recóllenos para levalos á casa. Pouco a pouco van facendo amigos na escola e integrándose coma un máis. Iso significa atender nas clases ou incluso facer exames!!. E así, pouco a pouco, vai pasando a primeira semana.
Onte tocou actividade de música. Pero foi unha sesión distinta á anterior. O monitor non era outro que Ronan, un alumno da C.B.S que acompañado dunha guitarra, ensinou ós rapaces a letra de tres cancións que deben aprender para o Show que se celebrará o día da despedida nun dos centros socioculturais de Ennistymon. Ronan, deixou impresionados a rapaces e monitores con súa voz e habilidades musicais. O próximo mércores será de novo o noso monitor e penso que xa están desexando repetir.
Hoxe por ser venres, os tres grupos saen antes da escola. E terán un anaco de tempo libre antes das actividades para descubrir Ennistymon. Despois acudiremos ó North West Clare Family Resource Centre, que é onde acuden os rapaces da vila os venres pola tarde a disfrutar de tempo de esparcemento. Alí poderemos unirnos a eles, coñecernos e mezclarnos mentres disfrutamos das instalacións destinadas ó ocio (billar, pin pon, etc…).
Mañá xa é fin de semana. Seguimos informando.
Unha aperta do Ennistymon Team!