Good morning, Vigo!
Aqui estamos retransmitindo dende Richmond as ultimas novas do noso grupo. Onte foi un dia un tanto movidinho. Pola manhan, asisten clase de 8:30 a 15:00. Pasinho a pasinho vaise andando o caminho e os rapaces xa comezan a habituarse a rutina de vivir lonxe do instituto e de ter que coller dous autobuses para chegar a tempo…que o da puntualidade britanica non se queda en mito…hai que estar as oito e media EN PUNTO! A uns custalles un pouco mais e a outros un pouco menos, pero o que si e seguro e que as carreiras para pillar o bus 371 para chegar a Richmond a tempo, deben ser antoloxicas.
A partir das tres, os rapaces empezaron as clases de ingles que como excepcion desta convocatoria, reciben no pais de acollida. Divididos en dous grupos, asisten a duas aulas lideradas por Rosie e Bob (que e o mesmo tempo o noso monitor local). O finalizar a clase, Rosie comentounos que tanto seu nivel de ingles coma seu comportamento son moi bos e que ela mesma esta moi satisfeita de poder ensinarlles. Para que vexades o atentos que estaban, aqui vos deixamos testimonio grafico.
E o finalizar a longa xornada escolar, diriximonos a dar un paseinho pola beira do Tamesis. Bromeando sobre se molaria ou non coller unha barca “destrangis” e sobre se poderiamos ir a Londres seguindo a beira do rio, chegamos a facer un traxecto de case catro km. Se e que non hai nada mellor que un paseo e unha boa conversacion para refrescarse despois dun dia de clase intensa.
Unha vez acabado o paseo, diriximonos a parada de autobus para que os rapaces puideran regresar as suas casas. Hoxe teremos outra vez clases de ingles e despois tentaremos desestresarnos un pouco xogando ao tennis e ao cricket (se o tempo non o impide).
Manhan, o dia mais esperado da semana…LONDRES!
Seguiremos informando! De momento, saudinhos londinenses do grupo de Richmond.