Dia 16 de Xunho. Paseo pola beirinha do rio

Good morning, Vigo!

Aqui estamos retransmitindo dende Richmond as ultimas novas do noso grupo. Onte foi un dia un tanto movidinho. Pola manhan, asisten clase de 8:30 a 15:00. Pasinho  a pasinho vaise andando o caminho e os rapaces xa comezan a habituarse a rutina de vivir lonxe do instituto e de ter que coller dous autobuses para chegar a tempo…que o da puntualidade britanica  non se queda en mito…hai que estar  as oito e media EN PUNTO! A uns custalles un pouco mais e a outros un pouco menos, pero o que si e seguro e que as carreiras para pillar o bus 371 para chegar a Richmond a tempo, deben ser antoloxicas.

A partir das tres, os rapaces empezaron as clases de ingles que como excepcion desta convocatoria, reciben no pais de acollida. Divididos en dous grupos, asisten a duas aulas lideradas por Rosie e Bob (que e o mesmo tempo o noso monitor local). O finalizar a clase, Rosie comentounos  que tanto seu nivel de ingles coma seu comportamento son moi bos e que ela mesma esta moi satisfeita de poder ensinarlles. Para que vexades o atentos que estaban, aqui vos deixamos testimonio grafico.

En clase con Rosie
Empezamos as English ClassesE o finalizar a longa xornada escolar, diriximonos a dar un paseinho pola beira do Tamesis. Bromeando sobre se molaria ou non coller unha barca “destrangis” e sobre se poderiamos ir a Londres seguindo a beira do rio, chegamos a facer un traxecto de case catro km. Se e que non hai nada mellor que un paseo e unha boa conversacion para refrescarse despois dun dia de clase intensa. IMG_20160616_180526

Move your hands in the air like you just don't care

Unha vez acabado o paseo,  diriximonos a parada de autobus para que os rapaces puideran regresar as suas casas. Hoxe teremos outra vez clases de ingles e despois tentaremos desestresarnos un pouco xogando ao tennis e ao cricket (se o tempo non o impide).

Manhan, o dia mais esperado da semana…LONDRES!

Seguiremos informando! De momento, saudinhos londinenses do grupo de Richmond.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *