Bo día families!
Onte pola mañá tiveron clases na Ormiston Victory Academy, penúltimo día! Aínda que moitxs estiveron en moitos momentos connosco na cantina. Teño que dicir que as veces non nolxs quitamos de enriba pero, botarémolo de menos!
E logo viña o momento máis agardado da semana: BOWLING! Ían ir á bolera cos buddies.
Xogaron en equipas de 6 persoas. Algúns grupos con buddies outros sen eles pero todos os grupos pasárono xenial!
Ata algúns “hackearon” o sistema e puideron botar algunhas rondas máis!
Ó final houbo gañadores e xente que tivo que optar por poñer as barreiras PERO aínda así foi súper divertido.
Logo aínda quedaron un anaquiño pola bolera, que tiña billar e outrxs foron dar unha volta. Aproveitando ata o último minuto!
Estamos emocionadxs e emocionais polo día de mañá, que isto xa se acaba!!!
En nada xa xs tedes por aí familias!! 💫😢💓
Unha aperta,
Lara e Alaska