ORMISTON 2/10- BOWLING!

Bo día families!

Onte pola mañá tiveron clases na Ormiston Victory Academy, penúltimo día! Aínda que moitxs estiveron en moitos momentos connosco na cantina. Teño que dicir que as veces non nolxs quitamos de enriba pero, botarémolo de menos!

E logo viña o momento máis agardado da semana: BOWLING! Ían ir á bolera cos buddies.

De camiño

Xogaron en equipas de 6 persoas. Algúns grupos con buddies outros sen eles pero todos os grupos pasárono xenial!

A equipa so de buddies!

Paula, Martín, Sofía, Natalia, Julián, Sofía e Sabela. Fagan apostas de quen gañou!

Ricardo e Franko con algunhas das buddies!

Bruno, Paula e Yago coas súas buddies

E o grupo de Nerea coas súas buddies e mais nós!! As leaders

Ata algúns “hackearon” o sistema e puideron botar algunhas rondas máis!

O equipo de listos que cambiou a puntuación para dicir que fixeron un perfect! (Pablos, Antonio, Breo e Erick)

Ó final houbo gañadores e xente que tivo que optar por poñer as barreiras PERO aínda así foi súper divertido.

Foto de todxs xs gañadorxs!!!

Yago e Tommy (un dos buddies) conseguindo strikes

Outra das que conseguiu strike

Un dos buddies colouse entre os gañadores!!

Aquí observades as terríbeis puntuacións que manexabamos

Ningún adolescente foi ferido na repartición das pegatinas

Logo aínda quedaron un anaquiño pola bolera, que tiña billar e outrxs foron dar unha volta. Aproveitando ata o último minuto!

Ata fixemos sesión de fotos…

Estamos emocionadxs e emocionais polo día de mañá, que isto xa se acaba!!!

En nada xa xs tedes por aí familias!! 💫😢💓

Unha aperta,

Lara e Alaska

avatar

Lara Alvarez Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *