BATH, days 17&18 : pouco truco e moito trato

Boo!

Hope you had a spook-tacular Halloween. As e os estudantes pasárono de medo, aproveitando que estaban nun país anglosaxón para celebralo como tocaba. A festa comezaría xa o domingo, se ben pola mañá aínda foron facer outras actividades. Por exemplo, ir visitar o Fashion Museum Bath, ou ir a coller cabazas a un pumpkin patch. Pero axiña chegou a tarde (ou, por isto de atrasarmos unha hora o reloxo, ben podía ser a noite), e o grupo decidiu xuntarse, con disfraces máis ou menos elaborados, para ir dar un evening walk polas tenebrosas rúas (cando non estaban diante dalgún supermercado ou restaurante collendo comida) de Bath.

Co mel da celebración nos beizos marcharon para casa, que luns era día de madrugar. Após a doce semana no learning center, tocaba erguerse cedo de novo e estar, ás 8.30, no St. Gregory’s para o tutor time. Despois, seguiu unha mañá con misa (si, misa, que ía ser o día de Tódolos Santos) e o resto das clases, que desta vez remataron un chisco máis cedo do habitual.

As gañadoras dun quiz na academia recibindo o seu doce premio

Porque tiñamos unha cita en Bath, onde nos esperaba Charles para levarnos ao sitio máis acertado ao que ir en Halloween. Isto é, a casa-museo de Mary Shelley, escritora da novela gótica Frankenstein (ou O moderno Prometeo).

A autora, segundo aprendimos na parte máis museística, tería escrito parte da súa obra durante a súa estadía na cidade na que tamén nos temos aloxado nós. Porén, e pese ao interese do compoñente histórico, a mellor parte da visita foi o interactivo de todas as salas.

 

Especialmente, no soto do edificio, onde se escondía un túnel do terror só apto para valentes. Preguntádelle ás vosas fillas e fillos que tal, porque aquí a monitora preferiu quedar fóra e non vos pode dicir o que hai.

Despois de máis dun susto, chegou a hora de marchar. E non vos podedes facer unha idea da que estaba a caer. Entre que xa era de noite e o chaparrón, o que máis apetecía era quedar na casa ao quente. Pero as nosas e nosos estudantes non ían permitir que as inclemencias do tempo lles impedisen desfrutar da experiencia halloweeniana ao 100%, e aló marcharon algunhas e algúns a facer trick or treat. Con todo, pórtanse tan ben que non fixeron truco algún, pero volveron a casa para unha cea ben decorada e con varios de doces de postre.

📸: Maia

📸: Clara

📸: Claudia V.

📸: Claudia V.

📸: Maia

Eu fixen paella vegana para a miña host, porque cada unha celebra como considera

E, xa co bandullo cheo, a durmir que foron, que ao día seguinte a rutina tiña que continuar.

Sweet nightmares

avatar

Cecilia Doforno Nóvoa

Un pensamiento en “BATH, days 17&18 : pouco truco e moito trato

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *