Bo día familias!!
O domingo a rapazada tivo día libre e… algúns fixeron unha locura. Aquí adxuntamos unha foto.
E antonte voltaban a Ormiston Victory Academy! Pola mañá foron a diversas clases e despois tiñamos unha sesión conxunta sobre Mental Health.
O profe era portugués polo que sabía un pouco de español e foi moi doado para elxs entender a clase.
Despois tiñamos sesión no parque para facer uns Rounders. Ó principio non se lles vía convencidos pero pronto puxéronse a tope co xogo, que é unha especie de béisbol.
Anoiteceu bastante cedo polo que non puidemos quedarnos ata tarde, pero a todxs lles deu tempo de tentar batear e correr. Aquí tedes a algunhas!
E logo… HALLOWEEN!!! Algúns foron de truco o trato!
O día de onte acudimos as nosas clase pola mañá en Ormiston Academy.
E pola tarde tivemos BOARD GAMES na English Experience School. Pasámolo moi ben!!
Hoxe iremos a bolera con algúns dos buddies!
💫💫💫💫💫💫
See you soon,
Lara e Alaska
Bo día!!
Aproveitan cada minuto do día 👏👏.
Grazas por compartir as reportaxes fotográficas,é xenial ver cómo disfrutan!!!
Boa tarde na bolera🥰✨
Hoxe van pasalo incríbel! Grazas a vós por lelo e comentar!! 💓💓💓