Nottingham: traballando no ‘project’ – 21/07

Bos días familias!

Este xoves foi completamente diferente ás tardes habituais, xa que transcurriu completamente na escola. Isto debeuse a que, para que os rapaces puidesen ir facer patinaxe sobre xeo o venres, tívose que adiantar a actividade do project, que era a que estaba orixinalmente planeada para ese día.

Habitualmente marchamos á actividade do día cara as 2 da tarde, ao finalizar o lunch, pero neste caso houbo volta ás aulas. Como podedes imaxinar foi entón un día de bastante traballo, se temos en consideración as clases da mañá.  Xa vos falamos do project nunha das nosas primeiras entradas, dado que era un traballo que lles pediron ao comezo da estadía que fixeran de forma extracurricular, progresivamente segundo foran visitando sitios e facendo as diversas actividades das tardes. O obxectivo este xoves era avanzar un pouco máis con esta tarea que busca reflexar a perspectiva sobre a experiencia de cada estudante (en inglés, por suposto!), e algúns rapaces incluso xa estiveran traballando nel na casa e viron con notas e todo.  Non imos negar que é a súa actividade menos favorita do programa…pero bueno mentres traballaban puideron falar entre eles, compartir ideas, escoitar música, etc; polo que puideron estar algo de relax.

O project entregarase o próximo martes e as notas serán dadas o mércores, nós temos moitas ganas de ver os resultados e ler as impresións de cada un!

‘Vémonos’ mañá na pista de xeo 🙂

Noe e Aida

avatar

Aida Barros Castro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *