Hoxe levantámonos ilusionadas. Imos a Dublín.
A actividade antes do tempo libre, que é o que realmente queremos, é visitalo EPIC – The Irish Emigration Museum.
Para isto nos entregan un pasaporte, nada mais apropiado para explicar a emigración, é mais tendo en conta que dende un país pequeno coma Irlanda, haxa tanta xente no mundo con antepasados irlandeses.
En cada unha das salas íamos vendo algo que os e as emigrantes de Irlanda aportaron aos lugares onde estiveron e ao mundo. Música, danza, deportes, deportistas, escritorxs, actores/actrices, traballadorxs e demáis personaxes. E en cada unha das salas íamos pondo un selo ata completar a visita, e porque non? Comprar algo na tenda ao final.
A continuación leváronos ao punto de encontro para quedar ás 4.00 p.m. e dende ahí comezar o tempo libre e disfrutar dá cidade e das compras. E sí, por fin a aproveitar o tempo, case 3 horas. Tampouco dan para moito pero non está mal dadas as circunstancias. O malo foi a continua choiva, que nalgunha de nós nos calou.
- Tendas, compras, souvenirs, fotos, roupa, colas, recordos, maquillaxe, risas, presas, mais compras, indecisión, amigas, Disney, soños… Todo nunha tarde, pero tamén esperanza, esperanza de voltar algún día. E se chove que choiva.