CASTLEDERMOT – 5 Outubro – Hoxe Dublín

Hoxe levantámonos ilusionadas. Imos a Dublín.

A actividade antes do tempo libre, que é o que realmente queremos, é visitalo EPIC – The Irish Emigration Museum.

Para isto nos entregan un pasaporte, nada mais apropiado para explicar a emigración, é mais tendo en conta que dende un país pequeno coma Irlanda, haxa tanta xente no mundo con antepasados irlandeses.

En cada unha das salas íamos vendo algo que os e as emigrantes de Irlanda aportaron aos lugares onde estiveron e ao mundo. Música, danza, deportes, deportistas, escritorxs, actores/actrices, traballadorxs e demáis personaxes. E en cada unha das salas íamos pondo un selo ata completar a visita, e porque non? Comprar algo na tenda ao final.

A continuación leváronos ao punto de encontro para quedar ás 4.00 p.m. e dende ahí comezar o tempo libre e disfrutar dá cidade e das compras. E sí, por fin a aproveitar o tempo, case 3 horas. Tampouco dan para moito pero non está mal dadas as circunstancias. O malo foi a continua choiva, que nalgunha de nós nos calou.

  1. Tendas, compras, souvenirs, fotos, roupa, colas, recordos, maquillaxe, risas, presas, mais compras, indecisión, amigas, Disney, soños… Todo nunha tarde, pero tamén esperanza, esperanza de voltar algún día. E se chove que choiva.
avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *