O pasado 27/09/2019, as estudantes tiveron unha reunión na sede de Twin en Greenwich. O obxectivo desta era o de recibir clases de inglés co fin de resolver dúbidas gramaticales así como para traballar a oralidade. Durante as aulas, as estudantes realizaron fichas, contaron a súa experiencia ata o dagora e, por último, cantaron numerosas cancións.
Despois disto, dirixímonos ao Maritime Museum de Greenwich, demos un paseo polas rúas desa cidade e, por último, comemos a típica comida de Fish&Chips.