Orpington Saídas ao Exterior: Greenwich 27/09/2019

O pasado 27/09/2019, as estudantes tiveron unha reunión na sede de Twin en Greenwich. O obxectivo desta era o de recibir clases de inglés co fin de resolver dúbidas gramaticales así como para traballar a oralidade. Durante as aulas, as estudantes realizaron fichas, contaron a súa experiencia ata o dagora e, por último, cantaron numerosas cancións.

Despois disto, dirixímonos ao Maritime Museum de Greenwich, demos un paseo polas rúas desa cidade e, por último, comemos a típica comida de Fish&Chips.

 

As estudantes na aula de inglés (1)

As estudantes na aula de inglés (2)

As estudantes na entrada do Maritime Museum

Fish & Chips (1)

Fish & Chips (2)

Diante do Maritime Museum

The Cutty Sark

 

Susana sentada en África

Na Clase de Uxía e Marta

As compas levan uns anos aprendendo Español.

Estiveron en Valencia cunha familia, mais non fixeron amigos.

Animamos a establecer vínculos duraderos, a intercambiar…

Todas van ir a universidade, duas non tiñan claro os estudios que van facer pero o resto estudiará mediciña, informática, dereito e ADE.

Orpington Saídas ao exterior: Brixton 24/09/2019

O pasado martes, Nooraini acompañounos, despois das aulas, á Brixton, un lugar no que convive a cultura africana coa caribeña. Neste lugar, o máis coñecido é o seu famoso mercado local con productos variados e exóticos no que calquera pode satisfacer o seu paladar… Unha mágoa que chovese tanto!

Entrada ao mercado de Brixton

Arte urbana na estación de tren de Brixton

Orpington Saídas ao Exterior: Londres 21/09/2019

Durante este día, as estudantes tiveron o pracer de coñecer a nosa guía Nooraini. Deste xeito, comezamos a visita á Londres accedendo ao British Museum, un lugar venerado en todo o mundo polas belas coleccións que posúe. Despois, proseguimos coa visita da Tottenham Court Road, Oxford Street, a entrada de Chinatown e, por último, visitamos a fermosa Trafalgar Square. Nesta visita, incluso un grupo de estudantes se animou a cantar cancións na rúa con unha cantante e, como guinda do pastel, fixemos unha visita á famosa tenda de M&M’s World!

Nooraini con algunhas alumnas

As estudantes son espectadoras de unha performance de rúa na cal un artista crea un debuxo con xices de diferentes cores

Algunhas alumnas en Trafalgar Square

 

A bandeira de Galicia en Londres

Sara, Carolina, Carmen, Lucía, Begoña e Susana á entrada do British Museum

O famoso Abbey Road interpretado por as personaxes dos M&M’s

En Chinatown!

Orpington Saídas exterior: Londres 28/09/2019

O día 28 de setembro, tivo lugar unha visita ao Science Museum, un dos mellores museos do mundo debido a gran variedade de pezas que posúe.

A continuación, tamén visitamos o Museo de Historia Natural de Londres, un museo no cal podemos atopar os fósiles de numerosos dinosaurios entre o que se destaca o Diplodocus.

Por último, visitamos o Museo de Victoria e Alberto para rematar no famoso Abbey Road donde as nosas estudantes quixeron emular aos mesmos Beatles.

O Science Museum é 100% interactivo como ben puideron coñecer as estudantes.

Uxía respondendo a preguntas de verdadeiro ou falso sobre os xens humanos

Sara e Carolina respondendo a un xogo de preguntas e respostas sobre o cambio climático e as súas consecuencias

Xogando cos xenes

Entrada do Museo de Historia Natural de Londres

Unha gran lúa ubicada no Museo de Historia Natural.

 

O esqueleto dunha posible balea branca – Os científicos aínda non chegaron a un veredicto

Diante do Museo de Victoria e Alberto

A gran lámpada que colgaba no medio do museo

Orpington. O Noso Colexio: Newstead Wood School

Boas a todas e a todos,

Este é o noso Colexio: Newstead Wood School (https://www.newsteadwood.co.uk/).

Se denomina grammar school con acceso selectivo. Aos 11 anos as estudiantes deben superar un exame de acceso. As persoas que asisten aos grammars son estudantes que teñen vocación académica, é dicir, que queren facer estudos superiores.

O colexio é publico, mais a dirección é privada. Os profes láianse dos recortes mais como podedes ver, é una super experiencia poder estar en inmersión dentro do sistema educativo do Reino Unido.

A rutina diaria é a seguinte:

  • Asistir en inmersión as clases no colexio de 8:25 até as 17:15 no caso de que haxa extra sports.
  • Algún dos días da semana temos saídas á museos e a lugares de Londres. Os días de saída, collemos o tren despois do lunch e desplazámonos ás nosas visitas.

O blog o organizaremos deste xeito:

  • Colexio
  • Saídas aos diversos museos de Londres.
  • Saídas externas
  • Curiosidades

Esperamos que vos guste!

Saúdos dende Orpington!

 

 

Na cociña apréndese cociñar baixo un presuposto concreto elixindo as mellores opcións. Neste caso fixeron 3 salsas de tomate para facer con pasta, temos a opción feita na casa, e dúas opcións de paquetes mercados no supermercado. Avalíanse os ingredientes, aditivos e o custe.

Votación para saber cal sabe mellor:

Se ensina a coser, patronxe e o básico de costura para ter coñecementos básicos ou avanzados dependendo dos gustos dos estudiantes:

Aprenden a usar as máquinas de coser:

Estes son diseños A levels:

Patronaxe:

Nesta clase estudiase cómo mellorar o transporte público.

Algunhas introducen sillas xiratorias e estrelas no teito e outras introducen elementos para que os cans e os gatos poidan viaxar con elas adecuadamente:

 

Chegamos ao colexio as 08:10, no hall se fai a reunión das estudiantes en espera de que o timbre as avise para subir a súa clase onde farán a Registration:

 

Registration

A primeira hora, mentres os profesores teñen a reunión de coordinación, as nenas van a súa clase onde un profe de apoio fai a Registration. Pasan lista e coméntanse as incidencias. Nesta foto Patricia e Antía están na súa clase. Moitas das súas compañeiras levan 3 anos estudando inglés e fan estancias de aprendizaxe en Valencia. Están interesadas en intercambiar linguas e as animamos a que establezan lazos duradeiros.

Chegada ao Colexio

 

Begoña e a súa buddy. Ela a axuda en todo o que necesite no Cole. Parece que teñen boa relación.

Clase Física – Química

Laboratorio Fotográfico

Cociña

Artes

 

Nevera

O primeiro que chama a atención ao abrir a porta é a política de Desintoxicación Dixital

 

 

Clube de Apicultura

Carmen na parada de Grove Park

Selección do break das 10:45

Os uniformes 🙂

Acceso á Cociña, Robótica e Deseño

Cociña

 

Extra sports

Deseño

Traballos en impresión 3D

Xadrez

Menú

Unha Clase

Cociña, lles ensinan a cociñar, a nutrición, así cómo conservar os alimentos

As Galiñas temos galiñas e as nenas recollen os ovos e os deixan no frigorífico

O hall, e o punto de encontro