THORPE ST ANDREW
Bos días a todos!
E chega o último día desta incrible experiencia. Non se me ocorre mellor maneira de acabar a nosa estadía que cunha visita a Cambridge. Cambridge é unha cidade preciosa e unha das cidades universitarias inglesas máis importantes. Ás veces, parece que te atopas no universo de Harry Potter, xa que a atmosfera da cidade mesmo parece envolverte e trasladarte alí.
Comezamos a nosa visita visitando as principais facultades de Cambridge: o King’s College, o Corpus Christi College, etc. Quen nos dera estudar nunha facultade así, 😉
E por último (como non!) tivemos tempo para as compras. Moitos compramos a hoodie da Cambridge University para sentirnos coma un universitario máis. O que imos presumir no insti de Vigo 😉
E that’s all folks! Todo o bo remata e aquí remata a nosa crónica de viaxe. Creo que para todos foron 3 semanas incribles e que aproveitamos ao máximo. Pasarono xenial e aprenderon moito inglés, creo que é un recordo que lles vai quedar para toda a vida e que lles fixo adquirir moita seguridade para falar inglés e defenderse noutro país totalmente descoñecido para eles. Todas as monitoras quedamos encantadas e imos levar no noso corazón aos 38. Moitas grazas a todos vós polo voso apoio e confianza en nós. Só nos queda desexarvos bo nadal e felices festas. Moita sorte a todos e grazas por todo.
Moitos bicos 🙂