Bos días familia!
Parece que estes últimos días veñen cargadiños de raios de sol, por iso despois de pasar a mañá no colexio fumos preto da praia.
Alí estivemos nun restaurante para probar os MUSSELS (mexillóns) e aínda que son bastante diferentes de tamaño ós que temos na ría, gustáronnos moitísmo. Tiñan unha salsa de nata, cebola, allo e limón. O máis extraño de todo foi comer unhas patacas fritidas cos mexillóns… unha mestura moi pouco vista!!
Despois fixemos un pequeno xogo de fotos pola costa. Deixámosvos a foto das vencedoras… NORABOA EQUIPO!!!
Mañá moitísimo máis e con moita enerxía que xa queda pouco
4 días…
UNHA APERTA