Bos días familia!!
Hoxe cerramos a segunda semana de clases. Isto pasa moi rápido e nos imos dando conta cando vemos que a próxima semana xa é a última…
Pola mañá disfrutamos un montón no colexio. Aínda que soe raro en realidade o facemos, xa que aínda que levemos xa dúas semanas cada día descubrimos cousas novas.
A actividade da tarde foi tranquila pero divertida. Fumos a un bar chamado SPOKE a facer “mocktails”. Dividímonos en dous grupos xa que somos moitos, e mentres uns facían os macktails outros descubríamos o pool, un xogo moi parecido ó billar típico de reino unido.
Deixámosvos unhas fotiños por aquí…
Xa vos daremos a receita cando cheguemos a Vigo.
UNHA APERTA MOI GRANDE!!
P.D: Mañá temos excursión!!!