4.10- Prestatyn, Tarde de piscina!

Bo día de novo!

Como foi o voso mércores? O noso pasado por auga en moitos sentidos! Tocounos sufrir o típico día galés de chuvia e humidade e, por se fora pouco, a actividade da tarde levounos a unha piscina cuberta na que os rapaces e rapazas puideron pasar unha tarde a remollo.

A pesar das condicións climatolóxicas no exterior, a piscina estaba perfectamente acondicionada e os rapaces desfrutaron dela ata que non quedou máis remedio que pensar en voltar.

Quen ía pensar que, cun tempo coma o de onte, se podia ir á piscina e non querer saír dela! A temperatura tanto do local como da auga axudaron a que os rapaces aproveitaran ata o ultimo minuto da actividade.

Unha vez finalizada, tocou que cada un volvera á súa casa e, a pesar do arriscado que é coller un bus en Prestatyn, finalmente acabamos por chegar todos ao noso destino. O intercambio está a chegar ao final e os alumnos nótano e parece que non lles gusta. Hai que aproveitar estes últimos días que, ademais, coinciden coa fin de semana, para volver a casa sabendo que se aprendeu e desfrutou todo o que se puido!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *