HEADINGTON – 01/10 – Mock fire alarm + Project

Boas tardes, Familias!

Hoxe houbo un acontecemento no St Gregory… Simulacro de incendios!!! A iso das 11.45 hrs comezou a soar a alarma de incendios do cole. Ao principio, pensabamos que era o timbre, xa que é o mesmo son. Como non paraba, e comezamos a escoitar moito barullo polos corredores, decatámonos de que era unha alarma de verdade. Xs rapazxs seguiron aos seus buddies ata o meeting point ou lugar de encontro para este tipo de emerxencias. Ese punto, no St Gregory, son as pistas de tenis que hai no patio. Tódolxs estudantes metéronse nelas agrupados por titorías, e quedaron alí ata que o persoal de seguridade do centro deu por rematado o simulacro. Menuda experiencia! Polo resto, un día máis na oficina en ámbolos dous coles.
Pola tarde tiveron a actividade con Juliette. Lembrádesvos que a semana pasada vos contamos que estaban preparando un proxecto en parellas sobre un aspecto da cultura inglesa? Pois hoxe seguiron traballando niso e practicamente xa quedou todo listo. A próxima semana tocaralles presentar estes mini traballos ao resto do grupo e algún que outro convidado que virá ese día.
Por outro lado, queriamos ensinarvos algún que outro recuncho dos coles. Xa vos dixemos os primeros días que ás monitoras estanos sendo moi difícil sacar fotos porque está terminantemente prohibido (por iso tmapouco hai fotos do simulacro de hoxe). Aínda así, aquí vos deixamos unha imaxe da canteen do Cheney. Este é o lugar onde veñen buscar a súa comida no lunch break e tamén nos outros descansos que teñen.
Intentaremos ensinarvos algunha foto máis, aínda que non podemos prometer nada!
No Cheney teñen unha sala chamada L1 que é onde están os alumnos e alumnas do Year 12 e Year 13. Alí poden pasar as súas horas libres cando os seus buddies non teñen clase e, ás veces, traen unhas mensas de ping pong e poden xogar alí. Aquí vos deixamos tamén unha mostra de como pasan xs nosxs rapazxs as horas mortas.

Parte do grupo xogando ao UNO cona lgunhas buddies

Mañá temos un plan pola tarde que cremos que todxs desfrutarán un montón, pero iso queda para o seguinte post!
Boas tardes! Biquiños 🙂
avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *