25 de setembro. Tomamos o té en Browns

Boas noites familias,

Aquí estamos para contarvos o que está a acontecer polo noroeste do Reino Unido.

Coma esta mañá non tivemos acceso a Internet porque non foi día de escola, non puidemos actualizar o blog ata agora pero aínda así non imos deixar de informarvos.

Pola mañá os rapaces foron a clase. Os profesores están encantados con eles, tanto no que a vestimenta se refire coma a atención nas clases e ao nivel académico, e ao rematar na escola continuamos coa integración na cultura inglesa. Poucas cousas hai máis inglesas que tomar o té e alá fomos nós.

A punto de tomar o té

Os nosos rapaces tiveron a oportunidade de disfrutar do auténtico English Tea acompañado dos típicos pasteis e sándwiches e na hora apropiada, sobre as cinco da tarde.

Tea time

Algúns deles non parecían moi convencidos coa idea de tomar o té pero pareceron animarse bastante coa chegada da comida.

chegada da comida!

Let's have a tea, my darling

Despois da actividade do día, dirixímonos ás paradas de bus e tram para un merecido descanso, porque ao día seguinte tocaba ir a Leeds e había que recuperar forzas.

Un saúdo dende Sheffield!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *