Neath – 21, 22 September – Welcome to the Islands

  • 21st

Día de viaxe, día de xornada intensa, dobre xornada laboral así comeza esta aventura do PILI Vigo.

Madrugón, despedida, uns pais apenados por despedirse dxs fillxs, e outrxs apenadxs porque non poder compartir esta experiencia cxs fillxs, a vida continúa…

9.20 vó destino a Madrid.

8 horas en Madrid esperando para coller o seguinte avión, polo cal moooooito tempo libre. Pero cómo é a viaxe de ida sempre se fai máis curta a espera.

18.40 vó destino a London, aunque saímos cún retraso menor do susto inicial, de 55 minutos de retraso saímos con 20 minutos de retraso afortunadamente.

Nada máis baixar do avión algúns se percataron da imaxe en collage da que foi a raiña Elisabeth II.

Recollida da equipaxe, coller o bús destino Swansea, 3 horas aproximadamente onde a batería estaba baixa e deu tempo para pechar os ollos mentres que para algúns é a primeira experiencia e circular polo carril da esquerda.

1.00 hora local, meeting point, entrega do grupo ás familias e a durmir en bed of roses

22nd

Comprobado, non hai nada como a xuventude, se o corpo pide durmir se durme.

Pola mañá ademáis de descansar houbo oportunidade de coñecer as familias anfitrionas.

Xa pola tarde tocou a primeira actividade de tarde, Orientation: Walking tour around Swansea. O grupo estaba convocado para estar no punto de encontro, a estación de buses, ás 15.45 para a continuación comezar a actividade ás 16.00.

O grupo colleulle gran aprecio ás sudadeiras vermellas que ata se poñen de acordo en traela todxs cando non toca.

Para a actividade como guía contamos cá presenza de Emma, quen vai a ser guía/monitora das actividades que se fagan pola tarde durante a semana.

O tour a pesar de facerse longo era moi sinxelo, consistia en familiarizarse có percorrido para as actividades das vindeiras semanas, así como percorrer parte do paseo pegado á costa.

Evidentemente existen similitudes entre Vigo e Swansea ao ser cidades costeiras, e a vez é unha pena que non se de aprecio as similitudes e as diferenzas neste aspecto. Non sei se son o único que pode apreciar a beleza e a sorte da seguinte imaxe.

Así como pensar que falta un conxunto de illas que seguramente todxs pisamos xa algunha vez, as illas Cíes. Pola contra non hai que esquezerse que ao fin é ao cabo aquí as rapazas e rapaces están a pisar unha illa, dato do que moitas veces non somos concientes.

Para recuperar forzas Emma tiña programada unha parada breve para recuperar enerxías onde o grupo podía pedir bebidas quentes como o fixo a maioria, e bebidas para “dar alas” (menudo engano publicitario), aunque case prefiro que non as teñan que logo se me escapan voando.

Unha vez finalizado o tour xa preto das 18h tocaba dirixirse a casa a merender forte (a cea).e espero que ir comezando a comunicarse cá familia anfitriona para pouco a pouco soltarse no idioma e coñecer máis sobre a familia e a cultura no Reino Unido. Chegarei como monitor a enterarme dos temas de conversación que se producen na cea nalgunha das 4 casas nas cales están distribuidas as e os protagonistas deste Blog? E vós as nais e pais vos están contando algún dato interesante da cultura británica?

Pero para pregunta, e das difíciles plantexo a seguinte que me fixeron esta tarde, “¿Qué haces con una sudadera manchada y sudada?” Queridxs lectorxs acepto en comentarios axuda para dita pregunta. Mentres tanto a prepararse para a primeira excursión no día de mañá.

avatar

Marcos Villaverde

Un pensamiento en “Neath – 21, 22 September – Welcome to the Islands

  1. Estimado Marcos…que esa bebida enerxética non da alas, xa o teño en mais que claro, se non unha que tes ahí xa tería dado un par de voltas o mundo.
    Respeto o da sudadera, que queres que che diga? Dilles que eles ainda non saben o que é ter que suar a camiseta (sudadeira, neste caso), que volten facerche esa pregunta deica uns cantos años, igual xa coñecen a reposta.
    Moito ánimo e pacenza, como dí o tango, vinte “días” non son nada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *