19 de setembro. Día 1 en Ennistymon

Bos días dende o condado de Clare!

Onte foi un día longo. Dende as once da mañá, os rapaces comezaron a chegar ó aeroporto para sair destino Madrid tras a breve visita de Abel Caballero (alcalde da cidade de Vigo), que desatou a locura das “selfies”… Todos os rapaces querían ser protagonistas do momento. Tras a facturación, e o posterior embarque chegamos a Madrid sen retrasos e incidencias. Alí tivemos que facer unha brevísima escala na que non nos dou nin tempo a respirar con tranquilidade. Pese a ser sobre 104 persoas viaxando ao mesmo destino, todo fluiu con normalidade, incluso á nosa chegada a Dublín onde non tivemos que esperar apenas polas maletas.

img_20160919_125301

Ó sair da área de recollida de equipaxe, estaba agardándonos cun carteliño a nosa organización local, que nos levou ao autobús no que pasamos máis de tres longas horas para chegar a destino. Nembargantes, a anécdota do día estaba servida. A medio camiño, a organización tiña preparado un lugar para parar a repoñer enerxías. Unha área de servicio en honra a Barack Obama. Sí. ESE Barack Obama… the one and only United States of America’s President. Ao parecer, os seus ancestros pertencen á zona na que se construiu este local e por ese mesmo motivo, leva o seu nome. O  colofón pono o merchandising adicado a él  (e a outros presidentes) que se pode comprar nas tendas que compoñen o establecemento.

img_20160919_180236

 img_20160919_203052 img_20160919_204935

Os rapaces aproveitaron para cear e refrescarse, que xa facía falla. E despois de media hora de pausa, tocou novamente retomar o noso camiño a Ennistymon, onde xa os estaban esperando as súas host families cun carteliño co seu nome. O recibimento foi efusivo e raudo, algo así como “a fume de carozo”. E en dez minutos  todos estaban camiño de súas casas  para estas tres semanas.

Hoxe está previsto que abandoen a escola ás 15:45 e a actividade prevista é o Basket.

Xa vos iremos contando qué se coce!

Saudiños do Ennistymon Team!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *