CONVOCATORIA ORDINARIA 3º ESO - 2020

Documentación a presentar

  1. Formulario de preinscrición da praza debidamente cuberto e asinado polos solicitantes.
  2. DNI/NIE ou pasaporte en vigor do/a alumno/a solicitante (mínimo por 6 meses). No caso de alumnado estranxeiro, deberán presentar fotocopia simple da tarxeta de residencia ou de estancia por estudos e o pasaporte en vigor (mínimo por 6 meses).
  3. DNI/NIE dos solicitantes (pai e nai ou titor legal) que asinan a solicitude de participación.
  4. Certificación académica orixinal , emitida polo centro educativo na que deberá figurar que o alumno/a está matriculado en 3º de ESO nun centro do Concello de Vigo sostido con fondos públicos no curso 2019/2020 e as cualificacións finais que deberá ter aprobadas todas as áreas ou materias cursadas en 2º de ESO; con mención específica da nota na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO, que deberá ser como mínimo dun 7.
  5. Xustificación de ingresos: Aquelas familias que non autoricen ao Concello de Vigo á solicitude de información fiscal á Axencia Tributaria, deberán presentar Fotocopia da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou certificado de estar exento/a emitido pola Axencia Tributaria.
  6. Fotocopia simple do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar ou documentación acreditativa da titoría legal e, de ser o caso, acreditar documentalmente outras circunstancias familiares considerando como tales: familia numerosa, pai/nai solteiro/a, divorcio ou separación, viúvo/a.
  7. Certificado de discapacidade, de ser o caso.
  8. No caso de que o participante precise de atencións médicas especiais (por mor de alerxias, discapacidades, intolerancias, etc.), deberá presentar un certificado médico orixinal que así o acredite.

Non serán tidos en conta nin valorados os requisitos alegados e non xustificados documental e correctamente tal como se indica, nin os que se aleguen fóra do prazo establecido para esta convocatoria nin os que conteñan emendas.

A partir da data de publicación da concesión das prazas definitivas na páxina web haberá un prazo de 5 días hábiles para presentar por escrito a aceptación ou a renuncia da praza concedida segundo o modelo do Anexo de aceptación ou renuncia á praza concedida no caso de resultar exento de pago ou o xustificante de ingreso bancario da achega familiar correspondente a tramitar, ésta última, vía telemática no sitio web “http://vigo.org/vigoeningles”.

Aviso legal