SOUTHWOLD, ST FELIX SCHOOL- 29/9- 1/10 – Chegada e descubrimento da cidade

Ola por primeira vez familias!

Estamos moi emocionadas de contarvos como foron estes días ata o de agora. Xa estamos instaladas e comezamos coa rutina!

A viaxe foi looooonga, mooooi looonga, e difícil. Despois de despedirnos no aeroporto embarcamos rumbo a Madrid, no que tivemos que agardar 7 horas para coller o avión que nos levaría a Londres. Deunos tempo para todo: mercar comida, pasear, durmir, xogar e aburrirnos. Pese a estar tanto tempo esparcidos, conseguimos chegar todas enteiras a Reino Unido e sen esquecer nada (só pequenos sustos).

Raúl pilotando o avión que nos levou a Madrid

 

 

 

 

Collimos o bus cara Southwold, parando en St Francis (o internado de outro grupo que viaxaba con nós) para cear. Primeira cea inglesa un 10! Foi lasagna! E había tamén opción vexetal. Todo con zume, patacas… de todo!

Unha vez rematada a cea voltamos ó bus xa dirección St Feliz. Alí chegamos bastante tarde polo que foi pis, pixama, dentes e para cama (non sen antes matar uns cantos mosquitos…)

SÁBADO

Espertamos e tivemos o almorzo ás 10:00: croissants, napolitanas, zume, tostadas, iogures, leite… Todo moi doce e rico.

Despois de almorzar tivemos tempo libre para lavar os dentes, desfacer maletas, facer o pack lunch e investigar! Descubrimos as salas comúns con billar, ping pong, sofás, cartas, instrumentos musicais… de todo. Non imos ter tempo de aburrirnos.

 

Saímos directas para o pobo xunto con Alex, un dos nosos profesores e vixiantes do internado. Fomos ata a praia, visitamos o muelle e xa nos volvimos locos nos recreativos.

As monis facendo o tonto coa rapazada

   

  Dirixímonos cara a rúa principal e fomos ver as tendas e tamén os supermercados, que xa tiñan ansia de mercar. Aínda non estamos afeitas a só comer un pack lunch de picnic.

De volta ó internado volvimos ter tempo libre para duchas, falar, xogar e agardar con ansias ó máis es perado do día: a cea!

Ceamos súper rico: patacas asadas, anacos de polo con salsa, ensalada… e de postre croissants con chocolate ou mousse.

E parecía que remataría aí o día pero… non! Aínda quedaba a fogueira con malvaviscos, qué bonita!

Unha vez rematamos e entramos, tiveron tempo para relaxarse antes de ter que ir ás habitacións ás 21:30/22.00 e rematar así o primeiro día en St Felix School.

DOMINGO

O noso segundo día comezou con algo moi inglés: un brunch! Tomámolo as 11:00 e tiña ovos, bacon, alubias, patacas, pan e mais todo o do almorzo do día anterior.

Comezamos ben cedo saíndo ás 12:10 para ir ata o muelle de donde sairía a actividade de hoxe: coastal voyager. Unha lancha motora dende onde poder ver a costa de Southwold e ir ben rápido, e incluso viron unha foca dende lonxe!

Algúns deles, que remataron a actividade de primeiros puideron ir ata o centro da cidade antes de voltar ó internado.

Pasámolo xenial!

Unha vez de volta na boarding house tocou cear, tempo libre e reunión na sala de xogos para por fin coñecer os horarios e clases que ían ter esta semana. Que nervios!

Xa vos contaremos que tal foron as clases no blog do mércores 😊.

Deica logo!!

Un saúdo familias 🧡

De Lara e Belén.

 

Aquí deixamos algunhas fotiños máis (sabemos que a calidade non é a mellor pero logo subirémolas todas para que as poidades ter)

 

 

 

avatar

Lara Alvarez Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *