See you soon, Eastbourne!

Boas!

A escasa horas de nos coñecer, preséntome a todas e todos. Son Cecilia D. Nóvoa, unha das monitoras que acompañará estas vindeiras tres semanas ás rapazas e rapaces que viaxan a Eastbourne. Alumna no seu momento, regreso a este programa con 24 anos e depois de rematar a carreira de Xornalismo e Comunicación Audiovisual. Como boa estudante do meu, gústame moito o cinema, mais tamén a música, os libros ou os idiomas (alén do galego, o castelán e o inglés, teño coñecementos en francés, alemán e catalán).

Déixovos por aquí unha foto miña, para que vos sexa máis fácil recoñecerme no aeroporto. Agardo que poidamos ter todas unha moi boa estancia en Inglaterra e desfrutemos da experiencia. Até mañá!

avatar

Cecilia Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *