PRESTATYN 1/10 – Open evening

Hi, families:

Outro día saudando por aquí. E comezamos por darvos as malas novas: hoxe non teño ningunha foto posto que pasaron o día no insti e alí teñen prohibido sacar fotos.

Aínda así, foi un día do máis interesante. Alexia, Nico, Antía, Alba e Lucía asistiron á Open Evening de Prestatyn High School, mentres o resto do grupo disfrutou dunha perfecta tarde libre que agradeceron moito.

Trátase dunha xornada de portas abertas que realizan cada ano a maioría das institucións británicas para dar a coñecer os seus programas e que os pais poidan entender un pouco mellor onde estudiarán os seus rapaces.

Os nosos estudantes puideron participar en xogos para aprender idiomas, sobre todo porque a recompensa se gañaban era chuches. E a iso non se nega ninguén, sexa adulto, adolescente, español ou británico. Ademais, tiñan moitos tipos de doces e tartas para catar e a vergoña non os caracteriza, así que foron os primeiros en probar.

Noutra das salas, atopáronse un montón de mascotas como cans, coellos, hámster… Unha exhibición que os sorprendeu bastante, pois non é moi habitual este tipo de eventos nos nosos colexios (non me quero imaxinar como quedaría a preciosa moqueta á que nos teñen acostumbrados neste país).

E dado que podían recorrer todo o insti sen censura, metéronse na aula de música a tocar o piano. A música soaba polos corredores e a cada paso atopabas a xente cantando e bailando. E os nosos rapaces non ían ser menos, polo que se puxeron a bailar a Macarena, obvio.

Oxalá poder mostrarvos un pouquiño desta experiencia, pero o importante é que eles a disfrutaran.

Mañá virei con máis novas e esta vez con fotiños que as acompañen.

 

See you!

 

 

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *