Preséntome!

Ola a todas e todos!

Chámome Paula Gondar Núñez e vou a ser unha das vosas monitoras durante a marabillosa experiencia que estades a piques de vivir en Chester. 

Estade tranquilos, rapaces e familias, quedades en boas mans! Para que vos fagades unha idea de quen é esa xente coa que pasaredes as seguintes 3 semanas, fago a continuación unha breve presentación da miña persoa.

Como xa dixen, chámome Paula e teño 27 anos. A miña vila é Cambados, mais actualmente atópome vivindo en Vigo co meu mozo, pois el é enxeñeiro e traballa aquí. Estudei o Grao en Historia na Universidade de Santiago de Compostela e agora estou centrada en estudar as oposicións para profesora de secundaria.

Xa teño experiencia vivindo no estranxeiro, xa que recén rematada a carreira funme vivir un ano a St. Andrews, unha vila de Escocia na que estiven traballando coidando os nenos dunha familia.

Pero bueno, deixemos algo que contar para a viaxe…

Preparade ben as maletas e vinde cas pilas cargadas, vémonos pronto!!

Paula.

avatar

Paula Gondar Nuñez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *