Presentación: Isaac Garrido (monitor de Kingston)

Boa tarde a todo o mundo!

Eu son Isaac Garrido González e vou ser un dos monitores dos estudantes que ides a Kingston upon Thames. Teño 21 anos e son graduado en Tradución e Interpretación; unha das miñas linguas de traballo é o inglés polo que espero servos de axuda co idioma e a súa aprendizaxe cando esteamos en Inglaterra.

Teño moitas ganas de coñecervos e de comezar esta experiencia que de certo vai ser moi interesante para todes. Seguro que vós tampouco podedes agardar! Mañá xa nos vemos e me contades todo o que queirades sobre vós. Cansarédesvos de ouvirnos dicir que podedes contar connosco para o que necesitedes, pero xa o vou dicindo por aquí tamén: Calquera cousa na que poidamos axudar, aquí nos tendes! 🙂

Dado que imos saír varios grupos o mesmo día e seguramente non só ides ver polo aeroporto os monitores do voso grupo, déixovos por aquí unha foto miña para que me poidades identificar mellor cando cheguedes.

Un saúdo a todes e até mañá!

avatar

Isaac Garrido González

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *