ORMISTON 27-28/10 – NORWICH CATHEDRAL AND CASTLE MUSEUM

Good Morning families!! 🌿🌿🌿

Estes días foron o final do half term! A rapazada tivo os seus últimos días en The English Experience Academy e fixemos un par de visitas culturais: Norwich Cathedral e o museo de Castle Meadow.

O xoves foi o día da Catedral de Norwich. Fixemos unha visita guiada cunha voluntaria que durou unha hora e na que nos explicou cousas interesantísimas!!

A rapazada antes de entrar na Catedral

Bruno e Alaska vendo as obras expostas na entrada

Diante dun antigo ovo utilizado nunha fábrica de chocolate pero agora reconvertido en pila bautismal

Foto da Catedral que parece nocturna por Franko

Fotón de Ricardo xa con luz diurna

As famosas vidrieras imitando as diferentes luces do día, por Franko

Unha foto de Ricardo nos espellos que se utilizan para ver o teito da catedral

Todxs xuntxs no claustro da catedral. A foto reglamentaria!

Logo tiveron tempo libre para comer e paradesfrutar un pouco. Ata as dúas, cando terían que voltar ás clases na English Experience.

Algúns foron ata o campo do Norwich! Foto de Antonio feita por Pablo

Aquí Tiago con Álex, do outro grupo, cos que coincidimos na sala de alumnado

Foi un día normal pero chuli. Tiñan que prepararse porque ó día seguinte tiñan presentación na academia! 💫💫💫

No día seguinte quedamos no Forum de novo para ir ata Castle Meadow, castelo que agora mesmo está en obras pero puidemos acceder o seu museo, cheo de información e obras dende relacionadas cos animais e a natureza, ata os exipcios, romanos e chegando ata obras pictóricas máis contemporáneas. Tiñan de todo!

Unha foto preciosa feita por Mar

Paula e Isma paseando polo museo

Tiveron liberdade para ir polo museo como quixeran e así facer un itinerario propio e pararse no que máis lles interesase.

Tomás paseando pola parte exipcia, sacada por Mar 💓

Nerea, Martín e Natalia just chilling

Aquí probando as vestimentas romanas (Algúns como Breo, Álex ou Pablo déronse por vencidos tentando poñelas)

Aquí Sofía pillando a unha das monitoras facendo un debuxo no museo

Entretidos coa versión cutre dos recreativos que tiña o museo

Is this… Trump?

Foto por Jorge duns patiños do museo

Ás once o museo tiña preparada unha actividade. Murder at the museum! Cometerase un asasinato e nós, investigando por todas as diferentes partes e exhibicións, tiñamos que resolver o misterio de quen era a asasina.

Aquí coa última pista!

Moitxs dxs rapazxs apuntáronse a esta actividade e xuntxs (ou quizáis competindo un pouquiño jeje) chegamos a resolver todas as actividades! Ogallá ter foto de todos os grupos porque implicáronse moitísimo. Estaban Paula, Érik, Isma, Breo, Álex, os Pablos, Antonio, Mar, Marta, Tiago.. Foi moi chulo!

E mentres algúns facían a actividade outras estaban co seu exército de cubos!

Aquí Franko despois de resolver o misterio, coas organizadoras!

Despois volveron ter tempo libre para recargar enerxías e prepararse para a súa presentación no último día de aulas na English Experience!

Algúns apuntáronse a ir o restaurante de Bon Marley! (con Erik e Nerea, que repite)

Outras viñeron a facer o parvo coas monitoras!

As presentacións foron mooooi ben. Temos que dicir que é a primeira vez que lles escoitamos falar tanto tempo seguido en inglés. Well done!

O primeiro grupo (clase de Ellen) fixeron unhas presentacións máis tradicionais e falaron sobre comida, Wimbledon, música británica e fútbol (como non!). Aquí deixamos unhas fotiños (aínda que nos dixeron que non as subiramos peeeero jeje debémonos ó público)

O segundo grupo (clase de Lauren) fixo unha presentación en forma de programa televisivo! Con Jorge e Franko de presentadores ían chamando colaboradorxs para que falasen de diversos temas. Moi orixinal! Aquí deixamos fotos delxs.

Foron uns días guais pero o mellor vén hoxe, que imos a Londres!!! Estamos súper emocionadxs desexando ver o que nos espera.

Deixámosvos con este vídeo que nos envía Yago dos fogos de artificio que houbo onte en Norwich! 🎆🎆🎆

💓💓💓💓💓

Moitas apertaaas,

Lara e Alaska

 

avatar

Lara Alvarez Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *