ORMISTON 22/10 (23/10)- CAMBRIDGE!! + SUNDAY FREE

Ola familiaaas! 🌿

O sábado foi un día moi especial, tivemos excursión! Sempre estamos desexando que chegue a finde para saír por aí, neste caso tocaba Cambridge, a cidade universitaria por excelencia, de feito no 2011 a Universidade de Cambridge foi posta no ranking coma a número 1!

Saímos non moi cedo pola maña, ás nove, así puidemos durmir un pouco. Fomos en autobús e alí estivemos con outros dous grupos. 69 persoas nun autobús!! Foi duro pero conseguímolo.

Aquí a rapazada sendo lista e indo a parte de atrás do bus para estar tranquila

Unha vez chegado alí tivemos que correr porque tiñamos unha visita ó Pembroke College. É o college (basicamente é o que aquí chamamos residencia) máis grande da universidade é o terceiro máis vello. Quedamos todxs alucinadxs… Era preciosa, non podiamos imaxinarnos vivindo alí e espertandonos cada mañá con esas vistas… Imposible de pensar pero moitxs responderon rápidamente que si á pregunta de se estudariamos e viviriamos en Cambridge.

Fotón sacado por Julián dun dos xardíns do college

O college con todas as bicis das estudantes, retratado por Mar

Primeiro grupo en visitar o college

Segundo grupo en poder ver o college

Neste mesmo college visitamos a súa capela, que foi a primeira deseñada por Sir Cristopher Wren. Pequeniña pero práctica e bonita.

Visitando a capela

Segundo grupo na capela

Pasamos por moitos rincóns de Cambridge, polo museo, os demáis colleges, a casa do Senado… que despois no tempo libre, se querían, poderían visitar máis ó detalle.

Puidemos ver The Corpus Christi Clock, un reloxo que tomou 7 anos e 200 inxenieiros, escultores, científicos e reloxeiros para crealo. Non minto cando digo que estivemos alí dous minutos vendo como se movía.

Toda a rapazada e mais Ellen embobados

Tamén entramos en The Fudge Kitchen, que o fudge e unha especie de caramelo, típico aquí co que se fan uns postres de diferentes sabores riquísimos! Tivemos a sorte de que nos deixaron probar, cada un tivo un anaquiño de fudge do sabor que preferise e algún decidiu mercar máis do rico que estaba!

Aquí vendo como facían esa especie de caramelo/toffe en directo. A rapaza era medio canaria! Explicoulles un pouco en español

Algún dos sabores de fudge

De feito aquí adxuntamos probas do que desfrutaron con el:

Mar e o seu fudge de chocolate e sal

Paula e o seu

Tiago e outro de dark chocolate

Chegamos ata o famoso Newton’s tree. I e que supostamente, é a mítica árbore dende a que caeu a mazá que deu lugar a lei da gravidade. Aínda que, sentimos decepcionar pero, non é a árbore exacta, é un esqueje dun esqueje da árbore orixinal.

Ellen falándolles sobre a árbore de Newton

Fomos ata a universidade principal e tivemos a sorte de que estaban de graduación!! Todxs vestidos coas capas e as carapuchas, cada unha coa cor que representara o seus estudos. Foi incríbel ver a tanta xente alí!

Graduándose coas capas e a carapucha cor amarela ( que significa library science)

Aquí moitxs dxs graduadxs, sacadxs por Franko

Unha vez aquí, démoslle tempo libre tanto para comer coma para visitar a cidade. Tiñan aínda moito por ver: o museo, o mercado, o río, os centros comerciais, etc. Tamén querían mercar os suadoiros orixinais da Cambridge University e algúns souveniers.

Aquí unha fotiño do mercado que visitaron

Aquí foi o que fixeron algunhas:

Breo, Pablo’s, Álex, Antonio, Isma e compañía mercaron un balón e estiveron pola beira do río xogando o fútbol!

Cos seus suadoiros novos, creando unha obra visual ó lado do río

Algunhas foron ó museo e entraron na exposición sobre moeda e revolución, na que había obras de Bansky. Foto cedida por Nerea!

Uns rapaces tocando nas rúas de Cambridge por Franko

Cando xa foi hora de marchar atopámonos con todxs e tiñan moitísimo que contar, aproveitaron o tempo. Xa de camiño cara o bus sacamos algunhas últimas fotiños cunha das pontes que cruzan o río.

Este grupiño de persoas guapíiiisimas coa ponte de Cambridge

E volta a Norwich, ó chegar moitxs xa voltaron a casa e cearon coas súas familias. O domingo tocaba día libre así que tiñan tempo de verse.

Aquí vemos a Ricardo no bus de volta a casa estreando o suadoiro novo mercado en Cambridge

Aquí deixamos algunhas fotos máis de Cambridge que sacaron tanto elxs coma nós delxs.

Foto lindísima de Sabela paseando polos xardíns

Foto lindísima de Sabela paseando polos xardíns

Fotón feito por Julián

E aquí unha fotaza de Franko do college

Martín sacando as súas dotes fotográficas

Paseando polos xardíns

No Pembroke College

Todxs xuntas paseando polas rúas de Cambridge

Fotaza feita por Mar do reloxo do college

Dunha das veces que pillan ás monitoras facendo fotos!!

Dunha das veces que pillan ás monitoras facendo fotos!! (Julián que está sempre o loro)

Ou nos pillan paseando por aí (Mar e outra das súas fotazas)

Paula, Jorge e Julián nun posado

E unha foto final de tdxs xuntas para concluír este día do blog!!

O domingo foi día libre e vamos se o aproveitaron! Non estivemos xuntas pero estás son algunhas fotos que nos enviaron:

A comida de Yago! Menudo menú máis típico

Ou está foto que enviou Nerea comendo no Subway

E o equipo KFC de confianza

A quen si que nos atopamos foi ó “equipo recreativos” que dende agora imos chamalos así porque están obsesionados!!

Aquí Antonio dándose de conta que estaban cachados

Aquí os rapaces con Simón, dun dos outros grupos, conseguindo miles de tickets

Sentimos a tardanza deste blog pero como vedes era longo e ben cheo!!

💛💛💛💛💛💛

Creo que esta finde pasárono xenial (polo menos nós o fixemos con elxs) e veremos o que nos depara a semana na academia The English Experience! De seguro que aprenderan moito inglés coas profes nativas.

Un saúdo suuuuper forte, estamos moi contentas co grupiño 💛,

Lara e Alaska.

avatar

Lara Alvarez Alvarez

4 pensamientos en “ORMISTON 22/10 (23/10)- CAMBRIDGE!! + SUNDAY FREE

  1. Vosotras estades encantadas co grupiño e parece q eles con vosotras 🤩 así da gusto!!!!
    Moi chulo o reportaxe!!!!
    Moitas grazas!!!!😜😜😜

    • Aiii! Aínda que as veces se cansen de todas as fotos que sacamos…
      Grazas por ver o blog e polo comentario e todo!! 💓 Agora ata a rapazada está impaciente porque saian entradas do blog novas ajajajja

  2. Todos los días impaciente por ver las fotos… Mil gracias… Nos da la vida (el mio no manda nada ni cuenta nada… 😝
    🤩😍🤩😍🤩😍

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *