Mércores 10, Futbol

Eltham

Boas familias,

Aínda que hoxe pola mañá tivemos algunhas baixas, non foron graves, xa que o tempo causou un par de resfriados. O resto das rapazas acudiron a escola con normalidade, pero pronto teremos que empezar a preparar a nosa volta. Mentras tanto continuamos aproveitando o tempo ó máximo. Hoxe pola tarde fixemos futbol. E, ¿sabedes ese dito que di que o importante é participar? Pois é mentira, o importante son as risas. E é que o principio as rapazas non estaban moi motivadas. Pero o dividirnos en equipos de quince e saltarnos todas as reglas do xogo, creamos o noso propio macropartido de futbol. Non sabemos nin quen gañou, cada un tira para o seu equipo. O que sí sabemos é que entre lesionadas e botar balóns fora do campo, o tempo pasounos voando, e quedamonos con ganas de seguir xogando. Para algunhas das rapazas incluso foi a actividade que máis disfrutaron. Despois de xogar, tivemos unha merecida merenda, composta por pizza, hamburguesa e perritos quentes. Había que repoñer as calorías perdidas durante o partido. En resumen, foi unha tarde moi divertida, a pesar de que continúa facendo moito frío.

Posando antes do partido

Calentando

Xogando no Nou Camp

A polo balón

Balón na rede

Intentando coller o balón

Merendola

Un saúdo, as monitoras.

4 pensamientos en “Mércores 10, Futbol

  1. Soy la madre de Lucía Martínez. Me alegra que hayáis decidido utilizar el domingo para tratar de hacer las actividades que quedaron pendientes. Gracias. Un saludo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *