Tanto hoxe coma onte os rapaces convertíronse en verdadeiros enxeñeiros, historiadores e governantes. Coma parte dunha das actividades de Lila* e divididos en diferentes grupos, tiveron que crear o seu propio país, coa súa propia bandeira, as súas normas, tradicións, historia, etc. e a verdade é que ningún dos resultados nos deixou indiferentes.
Unha vez creados os países e construídas as súas maquetas, todos presentaron as súas ideas ós seus compañeiros:
Estes días tamén fumos de excursión polas tardes. Onte, tras encontrarnos coa nosa guía, Hannah, visitamos as dúas catedrais que hai en Liverpool: primeiro, fumos á Anglicana; e, despois, visitamos a Católica.
Os rapaces acabaron facéndose amigos de dous turistas ao saír da catedral e quixeron facer unha foto todos xuntos:
Esta tarde tocou visitar a Beatles Story onde coa axuda dunhas audioguías puidemos aprender máis da historia da famosa banda que ten o seu orixe nesta cidade.
Está a ser unha viaxe cargada de emocións.
Mañá toca Chester, unha vila ao sur de Liverpool e preto da fronteira con Gales.
Versión en castellano:
Tanto hoy como ayer los chicos se convirtieron en verdaderos ingenieros, historiadores y gobernantes. Como parte de una de las actividades de Lila* y divididos en diferentes grupos, tuvieron que crear su propio país, con su propia bandera, sus normas, tradiciones, historia, etc. y la verdad es que ninguno de los resultados nos dejó indiferentes.
Una vez creados los países y construidas sus maquetas, todos presentaron sus ideas a sus compañeros.
Estos días también fuimos de excursión por las tardes. Ayer, tras encontrarnos con nuestra guía, Hannah, visitamos las dos catedrales que hay en Liverpool: primero, fuimos a la Anglicana; y, después, visitamos la Católica.
Los chicos acabaron haciéndose amigos de dos turistas al salir de la catedral y quisieron hacer una foto todos juntos.
Esta tarde tocó visitar la Beatles Story dónde con la ayuda de unas audioguías pudimos aprender más de la historia de la famosa banda que tiene su origen en esta ciudad.
Está siendo un viaje cargado de emociones.
Mañana toca Chester, una villa al sur de Liverpool y cerca de la frontera con Gales.