HENDON – 24/09 – Día 5 – Rainy day

Boa mañá de choiva a todos!

Sí, hoxe choveu moito en Londres, mais por sorte non facía moito frío e case todos tiñamos chuvasqueiros e/ou paraugas, e que casi todo o traxecto é en autobús, só camiñamos 4 minutos baixo a choiva, de Church End ata a escola. Iso sí, o camiño estaba cheíño de charcos. Esta vez chegamos ben puntuais á escola, pasando un día fantástico no que comimos carne asada de porco con pasta e bechamel e verduras ao vapor, fantástico Meal Deal o da escola. Algúns optaron pola pizza, as baguettes, os wraps ou os vasos de pasta. Todo moi bo.

Despois, na actividade da tarde non pudemos facer trampolín polo mal tempo, así que acabamos facendo unhas sesións de educación física moi intensas, nas que acabamos todos chorreando suor. Os profes de educación física eran moi xoves, enérxicos e simpáticos. Tan simpáticos que ata nos deixaron tocar o piano un ratiño.

Despois algúns fomos directos para as casas da familia, e outros fomos dar unha voltiña por Harrow e por Wembley Park. Chegamos todos mais ou menos puntuais ás casas, sobre as 19h.

Non hai moitas máis cousas que contar de hoxe, mais que algúns perdemos a nosa tarxeta de transporte… en fin, aínda tivemos sorte que as nosas familias tiñan unha pra prestarnos.

Mañá será outro día ben intenso, no que a actividade da tarde será tenis de mesa, tamén chamado Ping Pong. A ver quen é capaz de gañarlle aos monitores (a.k.a group leaders).

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *