Godalming 24/09 – Primeiro día, primeiras impresións

Hello desde o precioso Godalming, no condado de Surrey, Inglaterra (o sitio é realmente bonito, iredes mirando nas fotos).

Aproveito a oportunidade para presentarme agora a quen non puidera saudar onte na saída de Vigo: son Xoán, o monitor do grupo, e terei o prazer de irvos informando de todas as actividades do grupo de Godalming, tanto dentro da Broadwater School como fora.

Pois así foi que chegamos ao aeroporto de Heathrow na tarde do 23 sen maior problema

 

e pasadas as 8 (hora local) xa ao noso destino final, onde todos os vosos fillos e fillas foron calurosamente acollidos polas súas host families.

Hoxe luns 24 erguimos cedo (aquí os días acaban antes pero tamén comezan antes) e completamos o primeiro día de instituto en Inglaterra e a experiencia foi todo un éxito.

O primeiro foi asignar os buddies (os “colegas”), os estudantes ingleses que irán facendo de anfitrións do noso grupo no día a día e entre clase e clase. Daí pasamos xa á “rutina” do instituto, só que esta rutina é en inglés… 😉 Así todo o mundo xa sabe máis ou menos como funciona a cousa e que agardar dos próximos días.

Depois das clases chegaron as actividades da tarde, que para hoxe consistían nun obradoiro de teatro no que contamos coa axuda de catro estudantes locais. Apesar dalgúns lóxicos problemas de comprensión (para iso estamos aquí! 😀 ) a cousa foi bastante divertida. Marchamos todos e todas para casa entre risas!

E iso por hoxe… Xa iremos contando máis cousas así como vaian pasando.

See you!

avatar

Xoan Paredes

2 pensamientos en “Godalming 24/09 – Primeiro día, primeiras impresións

  1. Boa noite Xoan ,nas fotos os nenos miranse contentos ,e ISO que acaban de checar. Xa pasaron dos días e a mina filla parece que se está adaptando ben . Aledome moito. Espero que así sexa co resto dos rapaces .. Que todo siga ben , Ánimo e grazas por velar por eles. Un saludo.
    María.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *