Godalming 01/10 – Modelos e modistas por un día

Olá! Alguén nos botaba de menos? 🙂

Despois do éxito da visita a Londres o pasado sábado (pinchade na ligazón para refrescar a memoria) hoxe tivemos tempo para contarnos o que fixemos o domingo por separado.

Houbo quen foi a boleira, quen foi facer patinaxe sobre xeo, quen foi de visita a Stonehenge, quen tivo unha festa de “cumpre” porque lle coincidiu aquí… Seguro que xa vos foron informando en privado, non? Ben, o importante é que as host families son un encanto e que todo o mundo chegou ao instituto pola mañá cun sorriso na cara. Iso non ten prezo 🙂

E para continuar na boa, ao acabarmos as clases tivemos unha actividade orixinal, un Fashion Show, un espectáculo de moda. Suzie organizou tres grupos que tiñan que deseñar e fabricar un “modelito” con papel de xornal co que desfilar despois. Xa imaxinades o panorama 😀

Para variar, faltoulles tempo para ir ao tema e poñer en marcha todo o seu talento creativo! Tanto “modelos” como “modistas”. O deste grupo é moito 😉

Un posado previo antes do gran momento dos e das escollidas para amosar tan finas roupas (entre eles buddies ingleses, unha delas unha rapaza que aínda non fixera unha actividade de tarde connosco, na que se meteu sen sabelo a coitada!):

E a continuación as risas foron aínda a máis co desfile a ritmo de música. Algunha xente que pasaba polo corredor paraba un instante a ver, porque non entendían que facíamos no seu salón de actos a golpe de luns pola tarde. Nada, uns sosos, para divertidos nós:

E así rematamos a tarde. O seguinte foi xa voltar para casa facendo unha escala no parque do lado, aproveitando a boísima tarde de sol que quedou. Uf, continuamos tendo unha sorte espectacular co tempo por estas terras a estas alturas do ano…

Ata mañán! 🙂

avatar

Xoan Paredes

2 pensamientos en “Godalming 01/10 – Modelos e modistas por un día

  1. Bos días desde Vigo. Que envidia me está entrando ó mirar esas fotos de Londres. Preciosas!! . Bravo polo fotogra@..Cando falei coa mina filla o sábado a noite estaba eufórica,debeuno pasar increíblemente Ben, Tina unha boa ampolla nun pe pero creo que non lle doía. .E os modelos de onte??? Que bueno ,iso grabado para a historia. E hoxe a sudar a camiseta.Animo.
    Gracias de novo Xoan.

    • Graciñas! 🙂 Moitas das fotos de Londres son de Suzie… ela ten máis talento ca min para isto, haha! As miñas normalmente saen desenfocadas (só uso unhas poucas de todas as que tiro) XD
      Eu creo que si, que todos e todas están pasándoo de luxo. É unha maravilla chegar cada mañán e ver como toman todo con humor. O mérito é todo deles/as.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *