Flintshire – 12/10 – Flipout e visita a Chester

Hi!

Sábado, última excursión. Esta semana a palabra máis usada foi “último”. Isto acábase e xa que é fin de semana hai que divertirse un pouco. Pola mañá fomos a Flipout, un recinto cheo de camas elásticas, trampolíns, tobogáns…., é dicir, o soño de todo rapaz e rapaza. E para que enganarnos, aos que non somos “tan” adolescentes tamén nos gustaría pasar un día nun sitio así (eu non me puiden resistir).

Pasárono en grande, saltaron, sudaron…

Despois de descargar toda a enerxía en Flipout fomos visitar Chester. Eles xa coñecían a cidade, así que esta vez tocoulles facerme un tour para que ensinarme o bonita que é. O tempo non acompañou moito, xa que despois da mañá soleada a chuvia apareceu.

Déixovos unhas fotos das dúas actividades do día. Se queredes ver algún vídeo do ben que o pasaron en Flipout podedes visitar a nosa conta de IG @prestatyn.flintshire.

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *