Feltham – Museo, Kesington e despedida

Bos días a todos e todas!

Estamos a xoves e continuamos coas clases como de costume. Esta semana fixeron unha redacción e o profe dixo que fixeron un gran traballo!

Despois das clases fomos visitar o museo de Kingston, repleto de antiguidades e artefactos moi curiosos. Aínda que estivo moi entretido, pareceunos un pouco pequeno.

Logo disto, algúns rapaces tiñan permiso para visitar un parque de atraccións cercano, así que alí nos diriximos. Aínda que había moita xente e a espera era eterna, mereceu moito a pena xa que as montañas rusas eran moi chulas.

Parque de atraccións

Ao día seguinte era o noso último día de cole e actividades. Para a nosa sorpresa, o profe estaba enfermo e non puido vir, así que non houbo english lessons. Ás doce quedamos cunha nova guía chamada Fiona que nos acompañaría para a nosa última visita a Londres.

Collemos dous autobuses ata o centro da cidade, e dirixímonos a Kesington, onde visitariamos o Museo de Historia Natural e o Museo de Ciencia. Sorprendeunos moito a cantidade de fósiles e animais que había no primeiro, pois era xigante. No segundo poidemos observar unha chea de maquinaria pertencente á revolución industrial, coches, ferrocarril, etc. Na sección do espazo había unha exposición sobre os viaxes a lúa, cohetes, naves, etc. Quedounos pena porque non tiñamos demasiado tempo e non o demos visto todo, pero foi verdadeiramente incríble.

Hugo no museo de ciencia

Leo no museo de historia natural

Martina no museo de historia natural

Despois disto, desviámonos un pouco da nosa ruta para visitar Standford Bridge, o campo de fútbol do Chelsea, xa que a algúns dos nosos nenos e nenas amantes do fútbol facíalle ilusión visitalo. Alí, poideron acceder á tenda onde comprar camisetas, bufandas ou balóns co escudo do equipo.

Finalmente, collimos os buses de volta a Feltham, pois necesitabamos o tempo para acabar de facer a maleta e descansar. Mañán será un día moi longo.

E chegamos ao final do viaxe. Sábado tivemos que levantarnos super cedo para coller os taxis que nos levarían ao punto do encontro onde nos recollería un autobús para ir ao aeroporto de Heathrow. Con moito sono e as maletas a reventar de souvenirs e regalos para as familias, chegamos á terminal onde nos reunimos co resto de grupos que tamén acababan alí a súa aventura. Ao chegar a Madrid tiñamos varias horas de escala así aínda nos esperaba un longo día.

Por aquí deixovos unhas imaxes do derrotismo que nos acompañou durante o traxecto.

Tras un momento estresante despois de que o piloto nos avisara do forte temporal en Vigo, e logo dun aterrizaxe turbulento debido ao vento e a néboa, por fin chegamos a Peinador, con moitas ganas de poder ver xa aos nosos seres queridos, pero cunha gran pena de deixar atrás esta experiencia tan maravillosa.

Pasámolo xenial e os rapaces e rapazas melloraron moitísimo o seu nivel de inglés. Esta viaxe non se lle vai olvidar xamais. Moitas grazas a KSC por darnos esta oportunidade e grazas ás familias por seguir as nosas aventuras día tras día. Unha aperta moi grande e seguide vivindo experiencias e enriquecendo a vosa aprendizaxe.

Ata sempre!

Aida 🙂

avatar

Aida Barros Castro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *