Feltham – 9-10/10: primeiros días na Reach Academy

Bos días familias!

Os nosos nenos e nenas comezan por fin a xornada escolar de integración na Reach Academy. Tocou madrugar, pois as clases comezan ás 8:30, e non todos estamos preto da escola. No primeiro día, a encargada do noso grupo na escola, Sam, deunos a benvida e fíxonos unha pequena presentación na que nos explicou cuestións clave, como as normas do centro, os valores, etc. Repartiunos unhas acreditacións e asignoulle un “budy” a cada un. Un “budy” é un neno ou nena inglés que se lle pon de compañeiro para que lle indiquen onde son as clases, a hora da comida, o recreo, etc.

Tiveron clases de todo tipo, historia, literatura, mates, e incluso español. Esperamos que unha vez se vaian integrando, poidan aproveitar as clases de español para participar máis nas leccións.

Á hora do lunch poideron comer con todos os alumnos, e incluso xogar un partido de fútbol no recreo.

Despois das clases, despedímonos, e o algúns do grupo aproveitaron para dar unha volta por Feltham, coñecer os alrededores e pasar un bo rato fóra do ambiente académico.

Ao día seguinte, volta a empezar. Os primeiros días costa un pouquiño ir collendo a rutina, pero pouco a pouco vanse afacendo aos horarios e familiarizándose coa zona.

Esta vez, o grupo decidiu á salida da escola, buscar un lugar para poder xogar ao fútbol e pasar a tarde, mentras Sergio e eu nos aventurábamos a recuperar a súa carteira perdida.

Seguiremos acualizando ao longo da semana, estamos desexando que chegue o finde para volver a Londres de excrusión! Unha aperta 🙂

Aida

avatar

Aida Barros Castro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *