Feltham 7 de outubro – Presentación monitora

Bos días a todos e a todas!

Estades nerviosos/as? Xa estamos contando os días para despegar cara Feltham, onde vos agarda a que seguramente será unha das experiencias máis inolvidables e enriquecedoras da vosa vida.

Antes de que chegue ese momento, vou aproveitar este espazo para presentarme e que me coñezades un pouco mellor. Eu chámome Aida e son do concello de Teo, preto de Santiago de Compostela. Teño 22 anos e son educadora social. Algunhas actividades e pasatempos que me gustan son a lectura, a arte, coñecer lugares e culturas, facer exercicio, a fotografía…

Este é o segundo ano que son monitora no programa Vigo en Inglés, pois en xullo do ano pasado tiven a oportunidade de acompañar ao grupo de Nottingham na súa aventura xunto con outra compañeira, e pasámolo xenial. Tiña moitísimas ganas de repetir experiencia, polo que estou moi emocionada e non podo esperar a coñecervos a todos e todas canto antes!

Estou á vosa disposición, e recordade que unha vez cheguemos ao noso destino eu serei a que vos pode axudar, polo que non teñades problema en acudir a min para calquera inconvinte, preocupación ou dúbida que se vos presente.

Estou segura de que o imos pasar en grande, asi que xa sabedes, ide rematando con esos preparativos de última hora. MOI IMPORTANTE, non esquezades traer o pasaporte, permiso paterno e sobre todo, moitas ganas de aprender!

Xa me despido por agora, vémonos prontiño. Un saúdo 🙂

avatar

Aida Barros Castro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *