ENNISTYMON 20/09 – Primeiro día de cole

Ola de novo dende o condado de Clare!

O segundo día foi, coma sempre que un chega a un lugar novo e totalmente descoñecido, algo apabullante. Pero nada co que non podamos lidiar perfectamente.

Chegamos as escolas e asignáronnos a cada un o noso buddy. Eles van ser os encargados de estar connosco e guiarnos un pouco polos centros para que saibamos ben onde temos que estar e a onde temos que ir. Así que a nosa estancia comezou vendo como traballan nas escolas e o que estudan nas aulas.

S. M. Girls comendo Grupo do CBS diante da escola

Pola tarde viñeron os nosos monitores a recollernos e fomos xuntos ao Community Centre, no que tivemos unha divertida e intensa actividade de basketball co profe de Physical Education do CBS na que corrimos, saltamos, lanzamos a canasta e xogamos como auténticos membros da NBA.

Basket no Community Centre Actividade de Basketball

Cando rematamos a actividade, ben acalorados e exercitados, viñeron a buscarnos as nosas familias irlandesas para marchar para casa. Veremos que nos depara o día de mañá. Con enerxía!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *