¡Empezando a conta atrás para… PRESTATYN!

Hi, everyone!!!

 

Chámome Zaida e serei a vosa monitora durante as próximas 3 semanas para disfrutar xuntos desta magnífica aventura en Wales. Son de Coruña pero xa levo algo máis de un ano vivindo en Vigo, e debo decir que me ten namorada (o bo tempiño agradécese, as costas non tanto).

Son graduada en español (sí, a pesada profe da sintaxe e dos verbos que tanto vos soen gustar), pero ademais son monitora de ocio e tempo libre. Como vedes, a ensinanza é algo que me apasiona e sobre todo os idiomas. Abren portas a coñecer novos lugares e novas culturas e permiten facer moitos amigos arredor do mundo.

Outro gran hobby que teño é viaxar, por iso me fun de Erasmus a Florencia e vivín un ano en Bournemouth traballando como profesora de español nun instituto británico. Ademais, en cada sitio novo que coñezo teño que ir á caza dun novo libro que me chame a atención, seguro que precisarei a vosa axuda para decidirme.

Coma vós, esta é a miña primeira vez no programa Vigo en Inglés, pero estou segura de que o pasaremos xenial e que nos apoiaremos os uns aos outros.

As familias que queiran seguir as nosas vivencias de forma máis inmediata poden acceder ao instagram @zaida.newlink no que subiremos stories e diferentes imaxes do noso día a día.

O luns a poñer os despertadores que temos un voo bastante cediño; algún seguro que necesitaría un bo caldeiro de auga para levantarse a tempo. E recordade traer a vosa documentación acompañada do permiso paterno, non queremos deixar a ningún en terra.

 

See you!!!

 

 

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *