Eastbourne-Willingdon, days 13 & 14

Hi, let’s catch up! But first, let me catch my breath. 

Como vos adiantara, mércores era día de calzado cómodo e snack, porque iamos voltar aos cantís. Pero primeiro tocaba clase no High School outra vez. De preguntarlles pola súa materia favorita, seguro que obtiveríamos respostas algo variadas. Con todo, hai unha na que moitas e moitos coinciden: Spanish. Aínda non sei a que se pode deber iso…

Rematado o seu tempo no instituto, todas e todos nós collemos o noso bus de confianza até a parada da estación. Desde alí, tiñamos dúas alternativas: atraversarmos a vila a pé até a colina que debíamos subir, ou irmos até ese punto noutro autobús. Podedes adiviñar que opción gañou?

Unha vez chegamos a Beachy Head, tocaba preparar os xemelgos e comezar a camiñar. Quen ía pensar que termos que subir as costas de Vigo todos os días ía resultar de proveito nesta viaxe? Así, e malia que custou un chisquiño, chegamos até o bordo mesmo dos cantís (pero sempre con coidadiño de que ninguén fose resbalar).

Contemplada xa a paisaxe —e, sobre todo, tiradas as fotos pertinentes—, tocaba baixar de novo para coller o bus de volta ao town centre, onde as rapazas e rapaces desfrutaron dun pouco máis de free time antes de volver para casa. Se non vos levan un recordo de Eastbourne, non será porque non tiveron tempo de mercalo.

O xoves foi quizáis o día máis formal de toda a nosa estadía. Con todo, a xornada comezaba outra vez no Willingdon, onde parte do grupo xa ten probado as diferentes modalidades de Physical Education que se ofertan. Así, e se ben algunhas e algúns participaron en deportes “tradicionais”, outras tiveron aulas de danza ou gymnastics.

Porén, aínda quedaba enerxía pola tarde para atravesar a old town e achegarnos até o Town Hall, onde estaba programada a visita co mayor da vila: Pat Rodohan.

O alcalde recibiunos no Assembly Hall e, mentres nos convidaba a doces, comentounos algúns datos interesantes sobre Eastbourne. Sabíades que a vila pode considerarse un marine sanctuary e que, para 2030, planean ser enerxeticamente sostíbeis?

Despois de preguntarnos a nós sobre a industria de Vigo (aínda que situou a cidade no país veciño…), procedeu a poñer a súa tradicional roupa de cerimonia. Sorte que facía xogo coas cores da nosa bandeira. Co outfit xa preparado, chegou o tan agardado momento do photocall.

Continuamos despois co tour polas outras salas do Concello, como a Council Chamber, e seguimos tamén coas fotos, rematando cunha grupal nas escaleiras antes de marchar (a ver se puidesemos recreala co noso alcalde algún día…)

Despedímonos así do concello, dirixíndonos de novo á zona da vila que mellor coñecemos. Tocaba aproveitar o tempo até termos que regresar coas nosas host families para parar no super e mercar un snack para o día seguinte.

As rapazas e rapaces do noso grupo xa teñen até supermercado inglés favorito

Porque venres no colexio foi día de saír de camiñata. Xa vedes, o noso grupo non para! Pero iso queda para a próxima entrada.

See you next time,

Cecilia 

avatar

Cecilia Doforno Nóvoa

Un pensamiento en “Eastbourne-Willingdon, days 13 & 14

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *