BROADSTAIRS 28/09 Adaptándonos.

Queridos papás e mamás,

Hoxe tivemos outro día máis de colexio. A verdade é que non queremos preocuparvos, pero cada vez trátanos mellor, facendo que nos sintamos moi a gusto… Que non vos sorprenda que vos digamos que queremos quedar aquí unha tempada máis… 😉

Compiscompis 2

Pola tarde, celebramos no BEC o cumpleanos da nosa compañeira Ana. Quince outonos xa!!! Que maior.

cumple ana
E pola noite tivemos unha actividade de Drama. Ao principio, pensabámos que íamos a citar textos melodramáticos de Shakespeare, e puxèmonos a pensar en cousas super dramáticas; que se nos caese o móvil o wc, quedarnos sen datos no móbil, combinar azul mariño con negro…. QUE DRAMA!!!

onde fixemos Drama

Pero non todo é o que parece, e ó final resulta que eran xogos para gañar destrezas locomotoras e de expresión corporal.

Drama

Drama 2

drama 3

Agora xa nos ímos a durmir, que mañá toca outro duro día de colexio… Pero xa pensando na gran fin de semana que nos agarda! QUE SE PREPARE LONDON QUE ALÁ ÍMOS!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *